miércoles, 24 de junio de 2015

MÓVETE + NO CEP XESÚS FERRO COUSELO


Este  curso 2014 – 2015 o CEP Xesús Ferro Couselo participou no Plan Proxecta, concretamente no Proxecto Móvete +.

 Enlace para coñecer mellor o Proxecto Móvete +

Móvete + foi unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Tratábase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Comezamos cunha enquisa sobre os hábitos de vida saudable do alumnado, para coñecer como era a alimentación, descanso, hixiene, actividade física... dos nosos alumnos/ as. Unha vez analizados os resultados comezamos a traballar para mellorar.

Produto disto foi a exposición que montamos nos corredores do colexio, na cal para poder vela enteira tiñas que moverte +. 

Ademais ao longo do curso realizamos moitas actividades deportivas, nas cales estabamos facendo exercicio físico: multiliga nos recreos, Campo a través, piragüismo, xornadas de iniciación ao judo, baile deportivo...

Pero... o máis divertido de todo, foi o produto final que implica o proxecto Móvete +. Tivemos que preparar unha coreografía para demostrar todo o que nos movemos. Cal podía ser o tema desta coreografía? Como todos ben sabedes, no noso colexio estamos moi implicados nas tradicións e costumes de antes, polo que pensamos que a malla, a sementeira... debían formar parte do noso proxecto. A través desta coreografía tratamos de reproducir todo o ciclo da elaboración do pan: sementandooo, apañandooo, amasandooo, cocendooo e comendooo !!!

E todo isto... MOVÉNDONOS +!

ENQUISA AO ALUMNADO PARA COÑECER OS SEUS HÁBITOS

O Proxecto Móvete + levounos a pensar que sería necesario coñecer cales eran os hábitos diarios do noso alumnado, en relación a unha vida saudable.

Dende o Departamento de Orientación do colexio valorouse a posibilidade de recoller esta información a través dunha enquisa. Segundo os resultados que se obtivesen poderíamos enfocar o proxecto Móvete + de diferentes maneiras, en función das necesidades detectadas.

Na elaboración da enquisa, intentáronse incluír cuestións sobre os diferentes ámbitos que abarcan os hábitos de vida saudable, é dicir, a alimentación, a hixiene, o descanso, a actividade física... e outros aspectos de interese que xurdiron na elaboración desta, como a colaboración nas tarefas do fogar, actividade que realizan habitualmente antes de durmir, enfermidades frecuentes, autonomía na preparación do almorzo... 

Tomouse a decisión de que a enquisa fose cuberta de forma anónima, para que os alumnos/ as non tivesen reparao á hora de contestar, polo que cremos que as respostas foron siceras.

Esta foi a enquisa que contestaron tódolos alumnos e alumnas do centro:


Malla e Sementeira

Estas actividades tradicionais teñen xa arraigo neste colexio e aí xurdíu o centro interés e fío condutor deste proxecto. Tarefas que implican esforzo físico, como case todos as do agro que se desenvolvían fai poucos anos e que actualmente se están a perder, polo contrario aumenta a vida sedentaria.
O ciclo do trigo, engloba estas e outras tarefas con gran carga física.



Enlazamos noticias de ambas tarefas.
noticia da Malla no blogue Ferriños
enlace noticia Malla na páxina do colexio
noticia da Sementeira no blogue Ferriños
galería de imaxes sobre Malla e Sementeira



A pirámide alimenticia e roda dos alimentos.


Noutras áreas como ciencias naturais, traballamos parello co proxecto MOVETE+ traballando conceptos relacionados cos hábitos de vida saudable como a importancia dunha dieta san e equilibrada, os grupos de alimentos,  aportación de cada un, etc.

Achegamos enlace do blogue de Ferriños sobre dito traballo.
enlace blog FERRIÑOS sobre a Pirámide Alimenticia
galería de imaxes blog FERRIÑOS sobre a Pirámide Alimenticia


martes, 23 de junio de 2015

MOVETE+ en Educación Física


  • A área de Educación Física tamén estivo moi implicada neste proxecto de móvete+. Algunhas das actividades a destacar son a participación en decembro, nunha carreira de campo a través, cun bo resultado, aí van as nosas medallistas e un enlace da nova do campo a través na páxina do colexio.


 Noticia na páxina do colexio sobre o campo a través
Entrenamento e carreira



  • Tamén houbo multiligas de varios xogos e deportes: brilé, baloncesto, beisbol, hockey e fútbol sala.


                   Os gañadores recibiron diplomas!


Enlace no "blogue de Educación Física" sobre as multiligas.


  • En decembro houbo un torneo de Nadal de Bádminton.



  • Xornada de iniciación ao Judo. Todo un éxito que gustou moito aos/as alumnos/as.


Enlace no "blogue de Educ. Física" sobre a xornada de Judo



  • Pola semana das Letras Galegas, participamos no Correlingua, organizado polo IES de Valga, unha carreira polas inmediacións do IES.





  • Na última semana de clase, participamos, como vimos facendo nos últimos anos, nunha xornada de piragüismo, organizada polo Clube de piragüismo As Torres de Catoira.




Os peques do cole preparan a súa parte da exposición.

Aquí queda un enlace do blogue da aula de primeiro, na que se pode ver como prepararon a súa parte da exposición que tratou sobre o descanso e a hixiene do sono. Buscouse información na rede, tratouse esta información e plasmouse nuns murais.



nova da exposición no blogue FERRIÑOS

galería de imaxes sobre a exposición

Xornadas de portas abertas.

Para facer chegar aos pais/nais e toda a comunidade educativa a exposición de hábitos de vida saudable, realizouse unhas xornadas de portas abertas polas tardes, para todo aquel que queira vir, observar, participar e moverse por toda a exposición. De seguro que atoparán moita información útil.
Os/as nenos/as fixeron de anfitrións dos seus pais e lles ensinaron todo o anteriormente traballaron, xa que eles xa fixeron o percorrido de toda a exposición cos seus mestres/as, e disfrutaron moito ensinándolles aos seus papás todo o fixeran e aprenderan.

EXPOSICIÓN "Hábitos de vida saudable".


Analizados os resultados da enquisa, preparáronse unhas cuestións a traballar por cada clase. Dada esa pregunta, buscouse información na rede, en libros de consulta, revistas, etc. Tratouse esa información e adaptouse a idade dos diferentes niveis e elaborouse murais e paneis para expoñer a información e conclusión obtidas.
A exposición distribuíuse por todas as instalacións do centro, relacionando unhas cuestións con outras e distribuíndoas de tal xeito que hai que realizar unha pequena xincana ou xogo de pistas para ir dunha cuestión a outra e polo tanto haberá que percorrer todo o centro, subir e baixar escaleiras, percorrer corredores, é dicir, hai que MOVERSE por todo o centro.
Deixamos mostras de toda a exposición.