miércoles, 24 de junio de 2015

MÓVETE + NO CEP XESÚS FERRO COUSELO


Este  curso 2014 – 2015 o CEP Xesús Ferro Couselo participou no Plan Proxecta, concretamente no Proxecto Móvete +.

 Enlace para coñecer mellor o Proxecto Móvete +

Móvete + foi unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Tratábase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Comezamos cunha enquisa sobre os hábitos de vida saudable do alumnado, para coñecer como era a alimentación, descanso, hixiene, actividade física... dos nosos alumnos/ as. Unha vez analizados os resultados comezamos a traballar para mellorar.

Produto disto foi a exposición que montamos nos corredores do colexio, na cal para poder vela enteira tiñas que moverte +. 

Ademais ao longo do curso realizamos moitas actividades deportivas, nas cales estabamos facendo exercicio físico: multiliga nos recreos, Campo a través, piragüismo, xornadas de iniciación ao judo, baile deportivo...

Pero... o máis divertido de todo, foi o produto final que implica o proxecto Móvete +. Tivemos que preparar unha coreografía para demostrar todo o que nos movemos. Cal podía ser o tema desta coreografía? Como todos ben sabedes, no noso colexio estamos moi implicados nas tradicións e costumes de antes, polo que pensamos que a malla, a sementeira... debían formar parte do noso proxecto. A través desta coreografía tratamos de reproducir todo o ciclo da elaboración do pan: sementandooo, apañandooo, amasandooo, cocendooo e comendooo !!!

E todo isto... MOVÉNDONOS +!

No hay comentarios:

Publicar un comentario