O Proxecto Móvete + levounos a pensar que sería necesario coñecer cales eran os hábitos diarios do noso alumnado, en relación a unha vida saudable.
Dende o Departamento de Orientación do colexio valorouse a posibilidade de recoller esta información a través dunha enquisa. Segundo os resultados que se obtivesen poderíamos enfocar o proxecto Móvete + de diferentes maneiras, en función das necesidades detectadas.
Na elaboración da enquisa, intentáronse incluír cuestións sobre os diferentes ámbitos que abarcan os hábitos de vida saudable, é dicir, a alimentación, a hixiene, o descanso, a actividade física... e outros aspectos de interese que xurdiron na elaboración desta, como a colaboración nas tarefas do fogar, actividade que realizan habitualmente antes de durmir, enfermidades frecuentes, autonomía na preparación do almorzo...
Tomouse a decisión de que a enquisa fose cuberta de forma anónima, para que os alumnos/ as non tivesen reparao á hora de contestar, polo que cremos que as respostas foron siceras.
Esta foi a enquisa que contestaron tódolos alumnos e alumnas do centro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario