- A área de Educación Física tamén estivo moi implicada neste proxecto de móvete+. Algunhas das actividades a destacar son a participación en decembro, nunha carreira de campo a través, cun bo resultado, aí van as nosas medallistas e un enlace da nova do campo a través na páxina do colexio.
Noticia na páxina do colexio sobre o campo a través
Entrenamento e carreira
- Tamén houbo multiligas de varios xogos e deportes: brilé, baloncesto, beisbol, hockey e fútbol sala.
Os gañadores recibiron diplomas!
- En decembro houbo un torneo de Nadal de Bádminton.
- Xornada de iniciación ao Judo. Todo un éxito que gustou moito aos/as alumnos/as.
Enlace no "blogue de Educ. Física" sobre a xornada de Judo
- Pola semana das Letras Galegas, participamos no Correlingua, organizado polo IES de Valga, unha carreira polas inmediacións do IES.
- Na última semana de clase, participamos, como vimos facendo nos últimos anos, nunha xornada de piragüismo, organizada polo Clube de piragüismo As Torres de Catoira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario